«O médico dos pobres», historias da resistencia en Tui

Carta-Josefa-G.-Segret-verso-copia-759x500

Ela mesma lle entregou a carta. A despedida. A Guillermo Vicente de Santiago, o último alcalde republicano de Tui, non lle quedaban forzas para resistir. Mais que a tuberculose, o que o estaba a matar era o inverno das conciencias. O frío do bodega familiar na que levaba meses agochado agravara a enfermidade. As hemoptises […]

“A loita do sorriso” pon en xaque a corrupción na Malaisia

1-Moolaysia-cover-2-759x500

O primeiro ministro de Malaisia, Najib Razak, non lle teme á oposición. Tampouco á revolta popular do Bersih nin ao intento de secuestro do Estado Islámico. Nin sequera ao departamento de Xustiza de Estados Unidos pese a que trata de incautarlle mil millóns de dólares por un escándalo de corrupción que salpica tamén a Leonardo […]

As outras mortes de Fidel

KordaFilmRollChe-1024x600

A Fidel Castro tentárono matar 638 veces. Con veleno, cun neopreno tóxico, cunha bucina explosiva e cun puro que nunca chegou a acender naquel histórico viaxe a Nova Iorque en 1961. Disque a vez que máis preto estivo a CIA de logralo foi en 1963, cando enviaron unha cápsula de toxina botulínica, un dos velenos […]

Os monxes da revolución

U-Gambira-by-Vincenzo-Floramo_cmyk

A fame sempre soubo moito de revolucións. Houbo na historia revolucións por fame de conciencias. Por fame de liberdade. Por fame de silencios. Por fame de palabras. Hóuboas tamén por fame de pucheiros. No fondo, as revolucións son sempre a mesma revolución. A revolución da fame. King Zero e U Gambira saben moito de revolucións. […]

Vietnam ~ O andel das palabras perdidas

IMG_1427 copia

«Precisa unha guía ou prefire unha novela? Aquí teño todo o que busca». Mr. Too, «si, pronúnciase como dous en inglés», non deixa de sinalar o canastro de vimbio no que amorea nunha orde case matemática varias ducias de libros. As versións en case todos os idiomas occidentais da Lonely Planet compiten polos espazos de referencia coas novelas máis lidas do […]

Ese Chinaski de seu

15-californication

Imaxe: Jacobo Fernandez Serrano O Hank Moody de ‘Californication’ ben podería ser un resumo hiperbólico da xeración Beat, un Sal Paradise envolto no cinismo de Holden Caulfield. David Duchovny deulle vida nunha serie que se mantivo sete anos en antena e que deixa, para a memoria, un deses perdedores de barra e bar que converten […]

Bopha, historia dunha prostitución

14-bopha_historia_dunha_prostitucion

Bopha aínda non cumprira os 18 anos cando unha tarde de 2008 o seu mozo de entón decidiu marchar do pequeno apartamento que compartían dende había uns meses no centro de Phnom Penh. «A súa nai non quería que estivésemos xuntos». Aquela tarde Bopha ficou soa. Perdera o home que amaba, mais tamén o ben […]

As vidas descosidas da roupa que vestimos

12-as_vidas_descosidas_da_roupa_que_vestimos

Sorn Nita camiña descompasada, case a golpes, coma se o seu corpo, esgotado de tanto arrastrar arriba e abaixo na máquina de coser, se rebelase contra o que está por vir. Outro día máis de traballo, como todos dende que cumpriu 13 anos, nas fábricas de Phnom Penh. A ela tócanlle os pantalóns e os […]