A medida das cousas. En Copas de Europa. Ou en Orzamentos Xerais do Estado

Había poucos días que volveramos á escola e eu andaba nervioso á espera daquel primeiro encontro. Aquest any si! No xornal dicían que o Barcelona fichara un arxentino que nin Maradona e eu daquela cría todo o que contaban no xornal: había que pedalear dous quilómetros costa arriba para compralo. Como ía mentir aquel xornal […]

A consciencia dun falante moribundo

Nas illas Surín, quizais o recanto máis fermoso e afortunadamente máis afasatado dos circuítos turísticos da Tailandia, atopei unha desas historias que che cambian a perspectiva: era a hora do solpor e estaba a morrer unha palabra. Os vellos moken, os chamados xitanos do mar do mar de Andamán, andaban preocupados. Se morren as palabras, […]

Elexía da derrota

Eu que son Guardiolista dos que peregrina levo un tempo que non podo deixar de pensar en Zidane. Concretamente dende que perdeu co Leganés. Será que a xente, como ocorre co veciño pesado do sétimo cando morre, cáeme un pouco mellor cando perde. Mais a min Zidane sempre me caeu ben. Dende moito antes do […]

Honduras, capital Venezuela

Fagan a proba. Xúntense con amigos ao redor dunha mesa e vaian sacando temas de conversa. Despois do de Diana Quer (se hai algún cuñao na mesa igual lles presta isto de Pereiro en Ctxt de que Rianxo no es Brooklyn para contraatacar), da drag queen na Cabalgata de Reis e algo de Cataluña (unha […]

A vida entre o “Y tú más”

Estabamos sobre o minuto oitenta do derbi (funesto un ano máis para nós) cando os dun lado empezaron a berrar coa sorna do sur iso de “Luisinho balón de oro”. Dende o norte, que despois de tantos anos ten para min a voz do home de mar que comunga cada quince días en Riazor, bisbaban […]

O dereito á felicidade dos infelices: as peiteadoras de Saraxevo

Aínda que finalmente o retiraron, o primeiro argumento de defensa dos cinco mozos sevillanos coñecidos como “La Manada” e acusados de violar a unha rapaza durante a celebración do San Fermín en 2016 foi un informe encargado a un detective privado no que concluía que a suposta vítima retomara unha “vida normal” despois dos feitos. […]